Encontros e formación para tradutores no Porto no mes de maio

Para o fin de semana do 23 ao 25 de maio, varios colegas portugueses están a organizar un completo programa de actos, dous de formación e un encontro. O sábado 24 terá lugar o primeiro evento de ProZ.com no Porto, baixo o título “Ferramentas e Estratégias”. Os ponentes son persoas moi recoñecidas, polo que é unha moi interesante oportunidade para escoitalos en persoa. Intervirán Rui Sousa e Luisa Matos (Translation Projects Management), Valeria Aliperta (Expert personal branding and identity: inception of a logo and why it should be the right one for you), Marta Stelmaszak (The powerful freelancer: positioning your business at the expert level) e João Roque Dias (The Golden Triangle: Translator; Client, and Money). Xa se pode consultar o programa e facer a inscrición. Ademais, a organización creou unha páxina na que é posíbel atopar máis información sobre o evento.

Para o domingo 25, Paula Ribeiro e Maria da Graça Pereira organizan un workshop baixo o título MBA for Translators, do que tamén está aberta a inscrición.

Aproveitando a ocasión, organizan tamén un Powwow para o venres 23, que se concreta nunha cea no Mercado do Bom Sucesso.

X Jornadas Científicas y Profesionales de Traducción Médica en Vigo

A Asociación Internacional de Traductores y Redactores de Medicina y Ciencias Afines (Tremédica) e a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) organizan as X Jornadas Científicas y Profesionales de Traducción Médica, que terán lugar en Vigo os días 3, 4 e 5 de abril de 2014.

Xa é posíbel consultar os resumos e os ponentes das sesións plenarias na páxina das xornadas: http://www.tremedica.org/jornadas-conferencias/Vigo/index.html. Entre outras interesantes comunicacións, as xornadas contan co aperitivo da presentación do Libro Rojo de Fernando Navarro na Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo o xoves 3.

As Xornadas vanse celebrar a medias entre a FFT (os días 3 e 4) e a sede da Fundación Pedro Barrié de la Maza, na Rúa Policarpo Sanz, o día 5. Nesta páxina de Facebook é posíbel coñecer as actualizacións máis recentes da organización: https://www.facebook.com/pages/Jornadas-de-Trem%C3%A9dica-y-AGPTI-2014/1393448870900685?ref=notif&notif_t=fbpage_fan_invite